 |
As actividades da Xuntanza que de seguido se detallan, desenvolveranse principalmente
no novo paseo marítimo de Bouzas, na zona onde a Asociación de Mariñeiros "SAN MIGUEL DE BOUZAS"
ten instalados os seus pantaláns de embarcacións, preto da ponte.
VENRES 1 DE OUTUBRO
A partires das 18 horas:
Recepción de embarcacións e entrega de acreditacións as tripulacións.
Amarre e mostra das embarcacions nos pantalans instalados para o evento. Apertura da exposicion
"OS OFICIOS DO MAR", na carpa instalada no paseo maritimo.
Navegación nos faluchos de xogo para publico e participantes na praia de Bouzas.
|
|
SABADO 2 DE OUTUBRO
11 horas:
Continua a exposición "OS OFICIOS DO MAR" (aberta ata as 21 horas)
12 horas:
Recepción de autoridades.
Exhibición e navegación das embarcacións tradicionais no entorno de Bouzas e Alcabre
(a zona máis apropiada para ver as embarcacións navegando será a do faro, no remate do paseo marítimo de Bouzas).
17 horas:
Exhibición e navegación das embarcacións tradicionais no entorno de Bouzas e Alcabre.
Navegación nos faluchos de xogo para o público e participantes.
Durante a xomada haberá animacións variadas.
DOMINGO 3 DE OUTUBRO
11 horas:
Continua a exposición "OS OFICIOS DO MAR" (aberta ata as 21 horas).
12 horas:
Exhibición e navegación das embarcacións tradicionais no entorno de Bouzas e Alcabre.
Navegación nos faluchos de xogo para público e participantes.
14 horas:
Xantar e entrega de recordos conmemorativos ás tripulacións.
Durante a xornada haberá animacións variadas.
Se desexa coñecer máis sobre a nosa asociación
pode facelo aqui.
ORGANIZA:
ASOCIACIÓN DE MARINEROS ARTESANALES Y DEPORTIVOS "SAN MIGUEL DE BOUZAS"
PATROCINAN:
XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
CONCELLO DE VIGO, CONCELLERÍA DE FESTAS E ANIMACIÓN
COLABORAN:
CERVEZA "SAN MIGUEL"
PEPSI COLA
PROTECCIÓN CIVIL
FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL (FGCMF)
COLEXIO PANXON-ISM
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Un agradecemento especial a tódalas persoas que de maneira voluntaria fan posible que
esta Xuntanza se leve adiante e se manteña viva a cultura mariñeira.
| |
|
| |